Caderno

Toda a actualidade do Castelo Conta e a actividade da asociación

Filtrar
Reset

Castelo, contra a planta de biogás na Laracha

As asociacións Castelo Conta e Castelo Deporte, e a Comunidade de Montes Veciñais de Castelo, amosamos toda a nosa solidariedade coas veciñas e veciños da Laracha e o total rexeitamento á instalación en Soandres dunha macroplanta de produción de fertilizante orgánico para a produción de biogás.

Ler máis

As Mulleres de Taboada: aprender a vivir celebrando

Inés, Cruz, Loli, Milucha, Segunda e Merche reúnense nun novo encontro de ‘Mulleres que Contan’, marcado pola alegría de estar xuntas, a memoria e o valor de tradicións como a queima das fachas. Entre risas, historias e coidados, constrúese un espazo de celebración do vivido.

Ler máis

As mulleres de Baroña: reivindicar para coidar

María, Dorita, Moncha, Cipriana, Carmen, Josefa, Consuelo e María Rosa reencóntranse na terceira fase de ‘Mulleres que Contan’, nun espazo aberto onde a reivindicación colle protagonismo.

Ler máis

Castelo: unha aldea que fai que as cousas pasen

Non queda moito para que a Travesía do Xalo volva encher a parroquia e o monte de xente. Pero en Castelo as cousas non comezan nin rematan nun día: a vida comunitaria, a memoria e o coidado do territorio están presentes ao longo de todo o ano.

Ler máis

As mulleres de Manzaneda poñen o vivido sobre o papel

Os reencontros da terceira fase de ‘Mulleres que Contan’ continúan. Desta volta en Manzaneda, para poñer palabras ao vivido. A escrita convértese nunha ferramenta para afondar nas historias de Benilda, Orosia, Concha, Adelina, Maribel, Carmen, Merchi e Maribel, nun encontro atravesado pola emoción e a memoria.

Ler máis

As mulleres de Triacastela: entre memorias e desexos

As mulleres de Triacastela reencóntranse na terceira fase do proxecto ‘Mulleres que Contan’ para compartir lembranzas, cuestionar o presente e poñer en común as reflexións e conclusións deste proceso.

Ler máis
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.