Mentres nos encamiñamos a unha nova edición do Castelo Conta, facemos un exercicio de transparencia: publicamos as contas da última edición. Esta é unha iniciativa sen ánimo de lucro, promovida polas veciñas e veciños de Castelo, de cuxo financiamento participan o público pagando as súas entradas, as principais administracións, e algúns patrocinadores privados.
A festa que lle dará outra volta á festa
É tempo de lembrar os mellores momentos da última edición do Castelo Conta, e de empezar a pensar na seguinte. Entre tanto, e durante o inverno, en Castelo seguimos traballando para poñer en valor a tradición oral e a cultura no rural.