Castelo, contra a planta de biogás na Laracha

As asociacións Castelo Conta e Castelo Deporte, e a Comunidade de Montes Veciñais de Castelo, amosamos toda a nosa solidariedade coas veciñas e veciños da Laracha e o total rexeitamento á instalación en Soandres dunha macroplanta de produción de fertilizante orgánico para a produción de biogás.

Desde o tecido asociativo de Castelo fixemos público o pasado 25 de abril, na celebración da Travesía do Xalo, o noso apoio ás reivindicacións da Plataforma Stop Biogás A Laracha, que durante estas semanas levan a cabo diferentes mobilizacións en toda a comarca para dar a coñecer os riscos desta instalación.

O proxecto pretende ocupar 95.000 metros cadrados de solo rústico na parroquia de Soandres para o tratamento de miles de toneladas de resíduos cada ano, cun impacto irreparable no territorio e na vida das persoas. A planta terá implicacións na auga e na calidade do aire, poñendo en risco o río Anllóns, xerando emisións e olores, o incremento de tráfico pesado, e alteracións acústicas e paisaxísticas nun entorno cunha notable riqueza natural y patrimonial.

Desde este outro lado do Monte Xalo, o movemento asociativo de Castelo esixe á Xunta de Galicia a paralización do proxecto a través da denegación das autorizacións para a instalación da planta, e a reconsideración do proxecto en solo industrial.

Biogás na Laracha, NON!

As Mulleres de Taboada: aprender a vivir celebrando
O Castelo Conta participa no Festival MARCO
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.