Sons e imaxes

Filtrar
Reset
Reset

O séptimo día do Castelo Conta en fotos

O último día do Castelo Conta foi unha xornada para lembrar! Amencemos ao son da alborada e o aroma a café e seguimos coa xa tradicional ruta de coches clásicos. Mentres, na capela de San Ramón, celebrouse a misa. E, para pechar esta volta á festa, unha romaría coma as de toda a vida: un xantar popular acompañado da música de La Ocaband. 

Ver galería

O sexto día do Castelo Conta en fotos

Pechamos o sábado! Neste día houbo de todo: a mañá comezou ao son dos paxaros de Bibopalula, seguida dun completo vermú con Chisco Jiménez, David Vilariño, Moncho Méndez e Pablo Morales. Ao mediodía chegou a música coa festa de Tanto Nos Ten, á que seguiron Quinkillada e Skadelos. O broche de ouro da xornada foi a Noite do Castelo Conta.

Ver galería

O quinto día do Castelo Conta en fotos

O venres tivemos unha xornada ben completa! Comezamos coa maxia do cine de sombras de Xente Miúda, seguimos cun Vermú na Taberna con Kike Piñeiro, Lucía Freitas e Ulex, e pola tarde gozamos de mitos e lendas con Contos Castelo. Para pechar, os concertos de Antía Muíño e Xoel López puxeron o broche de ouro.

Ver galería

O cuarto día do Castelo Conta en fotos

O xoves foi un deses días nos que pasou de todo! Comezamos cun obradoiro de Xavi Lozano e un Vermú na Taberna con Bea Sotelo e Álex Méndez, coa música de Unto Vello. Pola tarde, conversamos sobre os coidados e estreamos o documental ‘Mulleres que Contan’. E para pechar, a feira de De Ninghures puxo punto e final a unha xornada ben completa.

Ver galería

O terceiro día do Castelo Conta en fotos

Onte a cousa foi de baile! Tivemos a Artur Puga cos seus obradoiros, dedicados ao ensino do movemento. Os nenos tamén desfrutaron do espectáculo de monicreques, ‘O tranvía de Leonardo’. O vermú tivo o sabor dos bocadillos de churrasco de Damián París, Lolo Mosteiro e Paula Martínez. E a xornada pechouse co concerto de Ailá e a tan agardada foliada do Castelo Conta.

Ver galería

O segundo día do Castelo Conta en fotos

A xornada comezou coa cativada de Xente Miúda, que percorreu a fraga de Cabrois para descubrir as especies autóctonas da contorna. O Vermú na Taberna tivo sabor a Ribeira Sacra: aos fogóns, Begoña Vázquez e Manuel Rodríguez. A música que os acompañou foi a do dúo Tapa d’Orella que, máis que ‘racións musicais’, serviron o menú completo. E ao caer o sol, os protagonistas do serán foron as novas voces da escena urbana galega: Kid Mount e 9Louro.

Ver galería
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.