1. QUEN SOMOS
A venda dos produtos da nosa tenda a través desta páxina web é realizada pola Asociación Cultural Castelo Conta, con domicilio en Lugar Castelo – Folgueira, s/n, 15139 Culleredo (A Coruña), entidade cuxos estatutos constan depositados na Vicepresidencia Segunda e C. De Presidencia, Xustiza e Deportes co número 2013/017712-1, con teléfono 689 882 972 e correo electrónico ola@casteloconta.gal.
O ámbito territorial é nacional e internacional.
2. USO DO NOSO SITIO WEB
Ao facer uso do noso sitio web, comprométeste a:
- Unicamente realizar consultas ou pedidos legalmente válidos.
- Non realizar pedidos falsos ou fraudulentos. En caso de sospeita razoable de que se poida estar a producir un pedido destas características, procederemos á súa anulación e informaremos as autoridades pertinentes.
- Ao realizar un pedido, declaras ser maior de 18 anos e ter capacidade legar para contratar. Non está permitido utilizar datos de terceiras persoas ou de menores de idade.
As persoas usuarias declaran que todos os seus datos persoais son íntegros, actuais, veraces e exactos.
3. DATOS RECOLLIDOS A TRAVÉS DAS VISITAS AO NOSO SITIO WEB
A información ou datos persoais facilitados por ti serán tratados conforme o establecido nas Políticas de Privacidade e Cookies. Ao facer uso deste sitio web, consintes o tratamento desta información e datos e declaras que todos os datos facilitados son veraces e se corresponden coa realidade.
4. PROCESO DE COMPRA E FORMAS DE PAGAMENTO
A continuación, descríbense as formas de pagamento e o proceso de venda a través da nosa páxina web:
- Pagamento mediante tarxeta de crédito ou débito.- Para realizar un pedido, debes dirixirte á tenda, escoller o produto, engadir ao carriño, facer click en “Ir á caixa”, cubrir os datos solicitados, e facer click en “Pagar”. Logo disto, serás redirixido á pasarela de pagamento con tarxeta e recibirás un e-mail acusando recibo do teu pedido (a “Confirmación de Pedido”). Do mesmo xeito, cando proceda, informarémoste por correo electrónico de que o produto está a ser enviado (a “Confirmación de Envío”).
- Pago mediante Bizum.- Para realizar un pedido, debes dirixirte á tenda, escoller o produto, engadir ao carriño, facer click en “Ir á caixa”, cubrir os datos solicitados, e facer click en “Pagar”. Logo disto, serás redirixido á pasarela de pagamento mediante Bizum e recibirás un e-mail acusando recibo do teu pedido (a “Confirmación de Pedido”). Do mesmo xeito, cando proceda, informarémoste por correo electrónico de que o produto está a ser enviado (a “Confirmación de Envío”).
- Venda de entradas a través de plataformas externas de venda online.- O proceso de compra iniciarase facendo click en “ENTRADAS Á VENDA en entradas.ataquilla.com”. Nese momento serás redireccionado a esta páxina web na que poderás mercar as entradas seguindo as instrucións informadas nesta web.
As comunicacións, ordes de compra e pagos que interveñan durante as transaccións efectuadas entre a Asociación Cultural Castelo Conta e o CLIENTE poderán ser arquivadas e conservadas nos nosos rexistros informatizados co fin de constituír un medio de proba das transaccións, respectando en todo caso as condicións razoables de seguridade e as leis e normativas vixentes que a este respecto sexan de aplicación, e particularmente atendendo ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD) e aos dereitos que asisten aos Usuarios conforme a Política de Privacidade deste Sitio web.
5. DISPOÑIBILIDADE
Todos os pedidos están suxeitos á dispoñibilidade dos produtos. Se se producisen dificultades en canto á subministración de produtos ou se non quedan artigos en stock, reembolsarémosche calquera cantidade abonada previamente.
7. SEGURIDADE NAS TRANSACCIÓNS
A Asociación Cultural Castelo Conta garante que, tanto a través da web www.casteloconta.gal como a través dos terceiros contratados para a xestión da venda de entradas, os datos viaxan nunha conexión segura, encriptada e protexida segundo protocolo (SSL) para garantir as medidas de seguridade nas transaccións que se produzan na internet.
8. PREZOS E IMPOSTOS
Os prezos da páxina web inclúen IVE.
Os prezos poden ser obxecto de modificación en calquera momento, pero nunca afectarán aos pedidos realizados, é dicir, a aqueles que xa dispoñan dunha Confirmación de Pedido (xustificante de compra).
9. IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO E FACTURACIÓN
De conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido, a entrega dos artigos entenderase localizada no territorio de aplicación do IVE español se a dirección de entrega está en territorio español agás Canarias, Ceuta e Melilla. O tipo de IVE aplicable será o legalmente vixente en cada momento en función do artigo concreto de que se trate.
Autorízasnos expresamente a emitir a factura en soporte electrónico, aínda que poderás indicarnos en calquera momento a túa vontade de recibir unha factura en soporte papel, nese caso, emitiremos e remitiremos a factura neste formato. Poderás solicitalo a través de calquera dos medios postos á súa disposición e de maneira gratuíta contactando con:
- ola@casteloconta.gal
- No teléfono 689 882 972
10. GASTOS DE ENVÍO
No caso de aplicarse gastos de envío a algún dos productos á venda a través da web, informarase debidamente unha vez sexan engadidos ao carriño e antes de efectuar o pedido.
11. GARANTÍA E CONFORMIDADE DO PRODUTO
A Asociación Cultural Castelo Conta, segundo o establecido no RDL 1/2007 polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios, ten a obriga de entregar á persoa consumidora produtos que sexan conformes co contrato, respondendo fronte a el de calquera falta de conformidade que exista no momento da entrega do produto.
Salvo proba en contrario, entenderase que os produtos son conformes co contrato sempre que cumpran todos os requisitos que se expresan a continuación, salvo que polas circunstancias do caso algún deles non resulte aplicable:
- Se axusten á descrición realizada pola Asociación Cultural Castelo Conta: tipo de ben, cantidade e calidade, funcionalidades, compatibilidades e demais características do produto presentadas á persoa consumidora.
- Sexan aptos para os fins específicos para os que a persoa consumidora os necesite e que esta puxese en coñecemento da asociación como moi tarde no momento da celebración do contrato, e respecto dos cales a asociación expresase a súa aceptación.
- Sexan entregados ou fornecidos xunto con todos os accesorios, instrucións, segundo dispoña o contrato.
- Sexan aptos para os fins aos que normalmente se destinen bens.
- Cando sexa de aplicación, posuír a calidade e corresponder coa descrición da mostra ou modelo do ben que a asociación puxese ao dispor da persoa consumidora ou usuaria antes da celebración do contrato.
- Cando sexa de aplicación, entregarse ou fornecerse xunto cos accesorios, en particular a embalaxe, e as instrucións que o consumidor e usuario poida razoablemente esperar recibir.
- Presentar a cantidade e posuír as calidades e outras características, en particular respecto da durabilidade do ben, a accesibilidade e continuidade do contido ou servizo dixital e a funcionalidade, compatibilidade e seguridade que presentan normalmente os bens e os contidos ou servizos dixitais do mesmo tipo e que o consumidor ou usuario poida razoablemente esperar, dada a natureza dos mesmos e tendo en conta calquera declaración pública realizada polo empresario, ou no seu nome, ou por outras persoas en fases previas da cadea de transaccións, incluído o produtor, especialmente na publicidade ou a etiquetaxe
Se detecta fallos no produto adquirido ou existe falta de conformidade de acordo co recentemente sinalado, contacte a ola@casteloconta.gal indicando a incidencia/fallo, a efectos do exercicio do seu dereito.
- Se o ben non fose conforme co contrato, para poñelo en conformidade, a persoa consumidora ou usuaria terá dereito a elixir entre a reparación ou a substitución, salvo que unha destas dúas opcións resulte imposible ou que, en comparación coa outra medida correctora, supoña custos desproporcionados para a persoa empresaria, tendo en conta todas as circunstancias, así como se a medida correctora alternativa poderíase proporcionar sen maiores inconvenientes para a persoa consumidora ou usuaria.
As medidas correctoras para a posta en conformidade:
a) Serán gratuítas para a persoa consumidora ou usuaria. Esta gratuidade comprenderá os gastos necesarios en que se incorra para que os bens sexan postos en conformidade, especialmente os gastos de envío, transporte, man de obra ou materiais.
b) Deberanse levar a cabo nun prazo razoable a partir do momento en que a persoa empresaria fose informado pola persoa consumidora ou usuaria da falta de conformidade.
c) Deberán realizarse sen maiores inconvintes para a persoa consumidora ou usuaria, tendo en conta a natureza dos bens ou os contidos ou servizos dixitais e da finalidade que tivesen para a persoa consumidora ou usuaria.
Cando cumpra a reparación ou a substitución do ben, a persoa consumidora ou usuaria poñerao ao dispor da asociación e esta, no seu caso, recuperará o ben substituído ás súas expensas da forma que menos inconvenientes xere para a persoa consumidora ou usuaria dependendo do tipo de ben.
A persoa consumidora ou usuaria non será responsable de ningún pago polo uso normal dos bens substituídos durante o período previo á súa substitución.
Garantía
A Asociación Cultural Castelo Conta será responsable das faltas de conformidade que existan no momento da entrega ou da subministración e se manifesten nun prazo de tres anos desde a entrega no caso de bens ou de dous anos no caso de contidos ou servizos dixitais
12. POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS
12.1. Dereito legal a desistir da compra
Dereito de desistencia
Non será aplicable o dereito de desistencia en:
– Artículos personalizados
– Bens precintados por razóns de saúde ou hixiene que fosen desprecintados tras a entrega.
Se estás a contratar, como persoa consumidora ou usuaria tes dereito a desistir do presente contrato nun prazo de 30 días naturais sen necesidade de xustificación.
O prazo de desistencia expirará aos 30 días naturais desde o día en que ti ou unha terceira persoa indicada por ti adquira a posesión material dos bens. Se o contrato de venda inclúe varios artigos incluídos nun único pedido e entregados por separado, o prazo de desistencia expirará aos 30 días naturais desde o día en que ti ou unha terceira persoa por ti indicada adquire posesión material do último deses bienes.
Para exercer o dereito de desistencia, deberás notificarnos á Asociación Cultural Castelo Conta á dirección postal Lugar Castelo – Folgueira, s/n, 15139 Culleredo (A Coruña), ao teléfono 689 882 972, ou a través do correo electrónico ola@casteloconta.gal, a túa decisión de desistir do contrato a través dunha declaración inequívoca ou, no seu caso, utilizar o formulario que habilitamos para ese efecto:
Preme aquí para ver o formulario.
As cantidades previamente abonadas aboaranse á máxima brevidade posible e, en calquera caso, antes de que transcorresen 14 días naturais desde a data en que fora comunicada por parte do Cliente a decisión de desistencia do contrato.
Logo de comprobar o estado dos produtos, aceptaremos a devolución e reembolsaremos o importe a través do método de pagamento co que foi realizada a compra, agás os custos do envío. O prazo para o reembolso será de 14 días naturais.
Consecuencias da desistencia
En caso de desistencia pola túa banda, devolverémosche todos os pagamentos que efectuases en relación con esta desistencia, sen ningunha demora indebida e, en todo caso, como moi tarde 14 días naturais a partir da data na que se nos informe da túa decisión de desistir do presente contrato.
O reembolso realizarase mediante a mesma forma de pago utilizada, a non ser que dispoñas expresamente o contrario, e a condición de que non se incorra en ningún gasto como consecuencia do reembolso. Tras examinar o artigo comunicarémosche se procede o reembolso das cantidades abonadas.
Non incorrerás en ningún gasto como consecuencia do reembolso. Con todo, poderemos reter o reembolso ata recibir os bens, ou ata que presentes unha proba da devolución destes, segundo que condición se cumpra primeiro.
Considerarase cumprido o prazo se efectúas a devolución dos bens antes de que concluíse este prazo.
Quedan en todo caso a salvo os dereitos e accións recoñecidos pola lexislación vixente.
13. COMUNICACIÓNS POR ESCRITO
A normativa aplicable esixe que parte da información ou comunicacións que te enviemos sexan por escrito. Mediante o uso desta páxina web, aceptas que a maior parte destas comunicacións connosco sexan electrónicas. Poñerémonos en contacto contigo por correo electrónico ou facilitarémosche información publicando avisos nesta páxina web. A efectos contractuais, consintes usar este medio electrónico de comunicación e recoñeces que todo contrato, notificación, información e demais comunicacións que recibas de forma electrónica cumpren cos requisitos legais de ser por escrito. Esta condición non afectará os teus dereitos recoñecidos por lei.
14. INDEPENDENCIA DAS CLÁUSULAS
Se calquera das presentes condicións de venda fose declarada por unha autoridade competente inválida, ilegal ou non esixible nalgunha medida, esta condición ou disposición quedará nesa mesma medida separada do resto das condicións e disposicións, que continuarán sendo válidas co máximo alcance que permita a lei.
15. MODIFICACIÓNS DAS CONDICIÓNS XERAIS
A Asociación Cultural Castelo Conta resérvase o dereito para modificar as presentes Condicións Xerais en calquera momento e sen aviso previo. Estas modificacións serán publicadas de forma que a clientela e as persoas usuarias poidan coñecelas antes de proceder á súa utilización. En consecuencia, estas deben ler atentamente estas Condicións Xerais en cada unha das ocasións en que se procedan a utilizar o servizo. A utilización da páxina e/ou a utilización dos servizos, unha vez modificadas as Condicións Xerais que sexan de aplicación, significará a aceptación destas polos usuarios e as usuarias.
A Asociación Cultural Castelo Conta resérvase o dereito de modificar a oferta comercial presentada no sitio web (modificacións sobre produtos, prezos, promocións e outras condicións comerciais e de servizo) en calquera momento.
16. COMUNICACIÓNS
A efectos de notificacións, a Asociación Cultural Castelo Conta designa expresamente o domicilio que consta nas presentes Condicións Xerais e en canto ao usuario, este designa expresamente o domicilio por el consignado no proceso de alta. Así mesmo, os usuarios e usuarias manifestan expresamente a súa aceptación a que calquera tipo de comunicación se realice a través da dirección de correo electrónico por eles facilitada. Calquera cambio de domicilio ou de dirección de correo electrónico deberá ser comunicado por escrito á outra parte para a súa efectividade a efectos de notificacións futuras.
17. INTERRUPCIÓN DO SERVIZO
A Asociación Cultural Castelo Conta poderá interromper temporalmente a prestación do servizo por causas de forza maior ou por calquera outra causa que impida a normal prestación do servizo. Esta interrupción temporal non dará dereito á persoa usuaria para recibir ningún tipo de indemnización por calquera prexuízo que a interrupción do servizo puidese ocasionarlle, salvo a devolución do importe do servizo que non puidese prestarse.
18. NULIDADE PARCIAL
Se algunha das presentes Condicións ou algunha disposición dun contrato fose declarada nula e sen efecto por resolución firme ditada por autoridade competente, os restantes termos e condicións permanecerán en vigor, sen que queden afectados por esta declaración de nulidade.
19. PROTECCIÓN DE DATOS
A información ou datos de carácter persoal achegados á Asociación Cultural Castelo Conta no curso dunha transacción, serán tratados conforme se establece na nosa Política de Privacidade. Ao acceder, navegar e/ou usar o Sitio web consintes o tratamento desta información e declaras que toda a información ou datos que facilitas son veraces.
20. RESOLUCIÓN DE LITIXIOS EN LIÑA
Informámoste de que tes á túa disposición a plataforma de resolución de litixios en liña da Comisión Europea á que se refire o Regulamento (UE) nº 524/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de maio de 2013 na seguinte ligazón: https://ec.europa.eu/
21. LEXISLACIÓN APLICABLE E COMPETENCIA
As presentes condicións réxense pola lei española vixente. Todos os conflitos que poidan xurdir da aplicación dos seus termos serán resoltos polos Tribunais do domicilio da persoa consumidora.