Un Castelo Conta de récord: case 1500 entradas vendidas en menos de 48 horas

Os espectáculos para os que é preciso mercar unha entrada van camiño de esgotar os seus aforos en poucos días logo de que se venderan xa máis da metade das localidades dispoñibles. As inscricións para Xente Miúda esgotáronse en menos de 24 horas.

O pasado martes Xosé A. Touriñán anunciaba a programación da novena edición do Castelo Conta xunto coa data e a hora da saída á venda das entradas para o mércores ao mediodía. Só dous días despois, máis de 1500 persoas xa teñen plan para a última semana do mes de agosto. Os espectáculos Castelo Arre ou Show, os concertos do Castelo Conta, e a gran noite de monólogos do sábado van camiño de encher os seus aforos -para o espectáculo do sábado xa só quedan entradas na zona B da polideportiva-, e esta edición do festival xa supera a todas as anteriores no ritmo de venda de localidades.

O xoves o Castelo Conta estreará un novo formato na polideportiva: o público poderá desfrutar do espectáculo acompañando a noite dunha bebida, en mesas de ata dez persoas. Máis da metade das entradas, que teñen un prezo de 15 ou 12 euros en función da zona, xa están vendidas.

Para o caso dos Concertos do Castelo Conta, con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Sés e Dios Ke Te Crew, rexístranse o dobre de vendas que para a noite do venres da pasada edición, e no caso da noite de monólogos do sábado xa só queda dispoñible un 20% do aforo. A bo ritmo avanzan tamén as inscricións na andaina e nas citas gastronómicas do día grande do festival.

Inscricións esgotadas en Xente Miúda

Outra dos grandes records relacionados co interese que xenera o festival ten que ver coas actividades infantís. Xente Miúda do Castelo Conta esgotou as corenta prazas dispoñibles en menos dun día, e ao redor de vinte inscricións permanecen en lista de agarda.

As entradas para todas as actividades do Castelo Conta poden mercarse a través da web do festival.

O venres é a noite da música en Castelo
Todo o que debes saber sobre as entradas do Castelo Conta
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.