O venres é a noite da música en Castelo

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Sés e Dios ke te crew protagonizan os concertos do día 23.

Durante toda a semana hai tempo para conversar, rir, gozar da gastronomía tradicional e da máis moderna… pero os venres no Castelo Conta son os días de bailar e cantar sen parar!

Nesta edición, temos con nós a grandes amigos do festival como Xabier Díaz e Sés, e a Dios ke te crew, que chegan por vez primeira a Castelo. Xabier Díaz estará no escenario da polideportiva coas Adufeiras de Salitre presentando Axúdame a sentir, o seu último traballo. Di Xabier que ese sentir é “unha casa que debemos visitar tantas veces como nos sexa posible. Celebrar a non virtualidade, abrazarnos, escoitar, beber, bailar, sentir, escribir, debuxar, cantar, soñar…”, mesmo parece que está a describir o Castelo Conta!

Outra que repite experiencia esta edición é Sés. A música coruñesa virá presentar o seu último traballo Diante un eco acompañada da súa banda ao completo nun dos poucos concertos que ofrecerá este verán. Actitude punk, rock’n roll, música de raíz e lembrazas das músicas de autor latinoamericanas son algunhas das características dunha artista única.

Despois da vinte anos de carreira, os de Ordes presentan o seu disco Tremendos anos 20, no que atopamos vinte remesturas de vinte dos seus temas máis recoñecidos feitas por vinte produtores. Ademais, a edición física inclúe un fanzine con vinte ilustracións feitas por vinte artistas galegos. E vinte temazos deles -como pouco- escoitaremos no Castelo Conta!

E para que a festa non acabe, a noite seguirá grazas á sesión que nos preparará o dj e axitador cultural Peter Sélek. O baile e a festa están asegurados!

Podes facerte coas túas entradas aquí.

Esgotadas as prazas para a Xente Miúda en só dúas horas
Un Castelo Conta de récord: case 1500 entradas vendidas en menos de 48 horas
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.