A Noite do Castelo Conta é o gran encontro co humor galego, esa cita que pecha o Día Grande do festival celebrando o que mellor sabemos facer: rir xuntos.
Este ano, a polideportiva de Castelo volverá converterse nun auténtico templo do humor, nun espectáculo conducido por Xosé A. Touriñán. Un escenario no que se xuntan algunhas das voces máis queridas e divertidas do noso país para regalarnos unha noite de monólogos única.
Nesta edición subirán ao escenario nomes tan queridos como Carlos Blanco, David Perdomo, Lucía Veiga, Pepo Suevos, Oswaldo Digón, Marita Martínez, Patricia Castrillón, Leti da Taberna e Gari Garrido, nunha gala guiada polo propio Touriñán. Un elenco de luxo que garante risas, historias inesperadas e moitas sorpresas.
A Galifunk Brass será a encargada de poñer a música para unha gala coa que ir despedindo outra edición do festival.

