Os espectáculos do festival para os que é preciso mercar unha entrada van camiño de esgotar todas as localidades en poucos días. Respondemos a todas as dúbidas que nos trasladades.
Todo o que debes saber sobre as entradas do Castelo Conta
A programación do Castelo Conta no 2024 é a máis ambiciosa de todas as edicións celebradas ata agora: máis de cincuenta actividades e case setenta artistas pasarán por Castelo entre o 19 e o 25 de agosto. Son moi poucas as actividades para as que é preciso mercar unha entrada, e moitas e moitos os que consultades como facelo.
Castelo Arre ou Show · Xoves 22 de agosto
É a gran novidade do Castelo Conta. Un espectáculo de comedia con David Amor, David Perdomo, Isabel Garrido ou Touriñán, entre outros. E a novidade ten moito que ver coa forma na que o público desfrutará desta noite: por primeira vez as cadeiras disporanse en mesas de ata dez persoas en dúas zonas con dous prezos diferentes. A zona A (máis preto do escenario), a 15 euros por persoa, e a zona B (máis lonxe do escenario), a 12 euros por persoa.
As entradas pódense adquirir ou ben a través de Ataquilla, ou ben nas oficinas de Ainé (na rúa Enrique Mariñas 32G, 2º, en Matogrande, de luns a venres, de 8.30 a 14.30).
Ao facer a compra deberás indicar cantas entradas queres e para que zona, e ese número de asistentes estará ubicado nunha mesma mesa no espectáculo. Lembra que se despois fas outro pedido será complicado que poidamos ubicar ás persoas desa nova compra xunto cos da primeira, por iso é importante que te asegures de cantos sodes antes de facer a compra. O número máximo de asistentes que podemos asegurar que ubicaremos xuntos é de 10, que é o pedido máximo de entradas por cada compra.
Os concertos do Castelo Conta · Venres 23 de agosto
Como cada ano, a cita musical do venres en Castelo será co público de pé, e polo tanto, coas entradas sen numerar. Podes mercalas tamén en Ataquilla ou nas oficinas de Ainé na Coruña.
O día grande do Castelo Conta · Sábado 24 de agosto
O sábado a oferta multiplícase: é posible mercar entradas ou tickets para o xantar, a andaina, a cea e o espectáculo de monólogos, e tamén é posible mercar de forma individual cada unha das cousas, en función dos intereses de cada quen. O prezo tanto do xantar, como da andaina, como da cea, é de 15 euros. O prezo do espectáculo de monólogos é de 18 euros na zona A (máis preto do escenario), e de 15 euros na zona B (máis lonxe).
Unha vez máis, as entradas do espectáculo poden mercarse tanto en Ataquilla como na oficinas de Ainé na Coruña, en horario de 8.30 a 14.30, de luns a venres, pero debes saber que neste caso xa non quedan dispoñibles entradas na zona A, porque están esgotadas.
Para o caso das inscricións na andaina e os tickets do xantar ou a cea tamén podes achegarte a Ainé, ou empregar a nosa web, www.casteloconta.gal, para facer a compra dun xeito máis cómodo. Lembra que para o caso da andaina será imprescindible que achegues o nome e apelidos de cada asistente, o seu DNI, e o talle da camisola que vos entregaremos.
É posible mercar entradas no Centro Social de Castelo?
A gran dúbida que nos trasladades por todos os medios nestes días! A diferenza doutros anos, nesta ocasión centralizamos a venda de entradas a través do sistema de Ataquilla para evitar problemas doutros anos, como duplicados, ou puntos de venda con moitas entradas dispoñibles e outros coas entradas case esgotadas.
Sen embargo gardamos un cupo de localidades pensadas para as veciñas e veciños de Castelo, colaboradores e as persoas que teñen dificultades para facer a compra por internet. Estas localidades son todas da zona A, tanto para o xoves como para o sábado, e teñen o mesmo prezo que no caso de que as merques por internet, sen os gastos de xestión. O único inconvinte é que se reservas as túas entradas no Centro Social de Castelo non poderás escoller cadeira: garantizándoche que respectaremos a zona e que o número de entradas que merquedes sentaredes xuntos, seremos nós os que fagamos a asignación de cadeiras en función das necesidades que teñamos para a distribución de espectadores. No Centro Social reservarás as entradas, quedarán pagadas, e enviarémoschas a semana antes do festival.
Lembra que se tes calquera dúbida podes consultala por teléfono ou whatsapp no 689 882 972 ou no correo electrónico ola@casteloconta.gal
