Non perdas detalle do Castelo Conta

Na sección ‘Ver e escoitar’ da web do festival iremos subindo as imaxes, vídeos e entrevistas co máis interesante de cada xornada.

A web do Castelo Conta é o lugar onde atopar toda a información precisa para saber que vai acontecer, onde e cando; unha guía para non perder nada do que aquí acontece nesa semana na que Castelo vira no centro cultural da comarca. Aquí podes consultar toda a programación, ver as fichas dos eventos, mercar entradas, anotarte na andaina, mercar os tíckets do xantar e a cea do Día Grande… e, como novidade, tamén poderás Ver e escoitar.

Nesta sección xa podes escoitar os Contos de Castelo da pasada edición e tamén ver o vídeo resumo da presentación do festival así como unha galería das fotos do día. Durante a semana do festival, iremos subindo nesta sección as fotografías e vídeos do máis destacado da xornada, falando cos e coas protagonistas, os mellores momentos de cada evento e moito máis.

Queremos que veñas vivir con nós o Castelo Conta, pero se non podes vir, que non cho conten, mírao —e escóitao—ti. Onde? Aquí.

O martes non é día de casar, mais a regueifa ímola botar
A música toma Castelo
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.