A festa que quixo darlle a volta á festa é hoxe unha das maiores celebracións colectivas da cultura no rural do noso país. Sostible e comprometida. Construída desde a casa máis grande ata o lugar máis pequeno.
Ver e escoitar
Mulleres en Rede · Presentación
A Illa de Arousa acolleu a presentación de Mulleres en Rede, un proxecto que amplía unha rede galega de creación colaborativa e apoio mutuo entre mulleres do rural. Unha xornada de memoria e coidados, con intervencións institucionais e un obradoiro participativo no que as mulleres da Illa, Vilaño e Castelo compartiron experiencias, lembranzas e vínculos. Así foi o encontro!
Presentación de Mulleres en Rede na Illa de Arousa
O pasado xoves tivo lugar a presentación do proxecto ‘Mulleres en rede’, impulsado pola Asociación Castelo Conta e o Colectivo GriGri, coa colaboración da Xunta de Galicia. A iniciativa segue a liña marcada por ‘Mulleres de Castelo’ e ‘Mulleres que Contan’, buscando visibilizar as experiencias, memorias e voces das mulleres maiores do rural galego.
Irmandade entre festivais do rural: Castelo Conta no Pasabodeghas
O Castelo Conta visitou o festival Pasabodeghas, en Vedra. Cada ano, este evento irmándase cun proxecto do rural para poñer en valor iniciativas que dinamizan o territorio e fortalecen o orgullo de pertenza. Así foi como vivimos esta xornada!
Contos de Castelo · Fátima Pego
Fátima Pego puxo voz ao derradeiro Contos de Castelo, centrado nas festas e verbenas como espazos de memoria colectiva. Non faltaron o humor, os xogos e, sobre todo, a esencia desta sección: poñer no centro ás persoas maiores, ao rural e á nosa cultura.
Contos de Castelo · Federico Pérez
A cuarta xornada de Contos de Castelo, Fede Pérez recolleu o testemuño de ‘Mulleres que Contan’ para continuar a conversa coas participantes dos obradoiros arredor do autocoidado e a importancia de crear espazos seguros de confianza.
Contos de Castelo · Isabel Garrido
Isabel Garrido foi a encargada de conducir a terceira xornada dos Contos de Castelo, centrada nas festas máis universais. Do Nadal ao Samaín, pasando por vodas e enterros, as persoas asistentes compartiron lembranzas, anécdotas e tradicións propias.
Contos de Castelo · Óscar Cruz
Na segunda xornada dos Contos de Castelo, a veciñanza reuniuse para compartir reflexións sobre as novas formas de comunicarse e as dinámicas das xeracións máis novas. Co humor e a curiosidade como fíos condutores, e guiados por Óscar Cruz, o encontro culminou cun divertido quiz sobre a xeración Z que fixo rir, aprender e conectar a todas as idades.
Contos de Castelo · Marga Pazos
O luns 24 de agosto, deron comezo, no marco da décima edición do Castelo Conta, os Contos de Castelo. Nesta primeira xornada foron guiados por Marga Pazos, e adoptaron un formato renovado: un magazine en directo no que a veciñanza compartiu lembranzas e segredos arredor da festa.
As mulleres do rural pechan a primeira fase de Mulleres que Contan
Neste vídeo recóllense algúns dos momentos vividos nos encontros da primeira etapa do proxecto, onde se reuniron as mulleres participantes de diferentes lugares de Galicia, poñendo en común as súas propias historias e relatos.
‘Nomear Castelo’: recuperando os nomes
Veciñas e veciños de Castelo participaron no proxecto ‘Nomear Castelo’, unha iniciativa para recuperar e conservar a toponimia e a microtoponimia da parroquia, en colaboración coa Deputación da Coruña e o Seminario de Onomástica da RAG.
Cando coidamos, cando nos coidan: os encontros que deron forma a ‘Mulleres que Contan’
Durante meses, mulleres de Baroña, Paradela, Triacastela e Manzaneda compartiron reflexións, lembranzas e emocións nos encontros que deron forma á primeira parte do proxecto. Nesta galería recollemos fragmentos dese espazo e conversa común: xestos, risas e miradas que falan de coidar e deixarse coidar, de comunidade e de rede, nun exercicio de complicidade que converteu o diálogo en memoria compartida.








