Ver e escoitar

Filtrar
Tipo
Reset
Ano
Reset
Colección
Reset

‘Mulleres que contan’ · Preestrea en Taboada

A seguinte parada na ruta previa á proxección final do documental no Castelo Conta foi en Taboada, no cruceiro de Castelo. O pasado martes 4 de agosto tivo lugar ás 20.00 h unha nova preestrea, nun encontro marcado polas historias, as lembranzas e as voces das mulleres da contorna. Estas son algunhas das imaxes que resumen unha xornada chea de memoria e emoción.

Ver galería

‘Mulleres en Rede’ · Preestrea na Illa de Arousa

A seguinte parada na ruta previa á proxección final do documental no Castelo Conta, foi na Illa de Arousa. O pasado luns 27 de xullo tivo lugar na praza de enfrente á Antiga Conserveira de Goday, hoxe Centro de Interpretación da Conserva. Un evento protagonizado polas historias e palabras das mulleres da Illa. Estas son algunas das imaxes que resumen a xornada.

Ver galería

‘Mulleres en Rede’ · Preestrea en Vilaño

Antes da estrea final do documental o 27 de agosto no Castelo Conta, os territorios implicados no desenvolvemento do documental colaborativo, acollerán a preestrea de pezas especiais centradas nas mulleres dos respectivos lugares. O pasado xoves 23 de xullo foi a quenda da preestrea no Adro de Vilaño, na Laracha. Estas son algunhas das imaxes da xornada xunto ás protagonistas do documental.

Ver galería

‘Mulleres que Contan’ · Preestrea en Baroña

Antes da estrea final do documental o 27 de agosto no Castelo Conta, os territorios implicados no desenvolvemento do documental colaborativo, acollerán a preestrea de pezas especiais centradas nas mulleres dos respectivos lugares. O pasado luns 20 de xullo tivo lugar a primeira preestrea no Adro da Igrexa de San Pedro, en Baroña. Estas son algunhas das imaxes da xornada xunto ás primeiras protagonistas do documental.

Ver galería

Castelo Conta 2025

A festa que quixo darlle a volta á festa é hoxe unha das maiores celebracións colectivas da cultura no rural do noso país. Sostible e comprometida. Construída desde a casa máis grande ata o lugar máis pequeno.

Ver vídeo

Mulleres en Rede · Presentación

A Illa de Arousa acolleu a presentación de Mulleres en Rede, un proxecto que amplía unha rede galega de creación colaborativa e apoio mutuo entre mulleres do rural. Unha xornada de memoria e coidados, con intervencións institucionais e un obradoiro participativo no que as mulleres da Illa, Vilaño e Castelo compartiron experiencias, lembranzas e vínculos. Así foi o encontro!

Ver vídeo

Presentación de Mulleres en Rede na Illa de Arousa

O pasado xoves tivo lugar a presentación do proxecto ‘Mulleres en rede’, impulsado pola Asociación Castelo Conta e o Colectivo GriGri, coa colaboración da Xunta de Galicia. A iniciativa segue a liña marcada por ‘Mulleres de Castelo’ e ‘Mulleres que Contan’, buscando visibilizar as experiencias, memorias e voces das mulleres maiores do rural galego.

Ver galería

Contos de Castelo · Fátima Pego

Fátima Pego puxo voz ao derradeiro Contos de Castelo, centrado nas festas e verbenas como espazos de memoria colectiva. Non faltaron o humor, os xogos e, sobre todo, a esencia desta sección: poñer no centro ás persoas maiores, ao rural e á nosa cultura.

Ver vídeo

Contos de Castelo · Federico Pérez

A cuarta xornada de Contos de Castelo, Fede Pérez recolleu o testemuño de ‘Mulleres que Contan’ para continuar a conversa coas participantes dos obradoiros arredor do autocoidado e a importancia de crear espazos seguros de confianza.

Ver vídeo
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.