O martes non é día de casar, mais a regueifa ímola botar

Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josiño da Teixeira traen o poder da regueifa ao Castelo Conta.

A regueifa era un molete de pan ou unha rosca de azucre e ovos que se daba tradicionalmente aos convidados das vodas. Cantar a regueifa consistía nunha “loita” verbal entre alguén da casa e outra persoa de fóra; quen gañaba, tiña a honra de repartira a regueifa. Os versos lanzados polos regueifeiros, forman un cantar improvisado conxunto e teñen que ter forma octosílaba e rima par. Estes versos, cada vez máis afiados, rematan cando un dos contrincantes canta a última copla.

Isto tradicionalmente podía rematar en pelexa —polo ferinte das coplas— mais en Castelo será unha festa, un “partido amigable” entre tres dos grandes divulgadores da regueifa na actualidade: Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josiño da Teixeira. Con eles podermos achegarnos a esta arte popular que a piques estivo de desaparecer pero que foi conservada en diferentes puntos de Galicia e agora atópase nun gran momento, con presenza en certames, festas e mesmo en bares e tabernas.

Regueifando en Castelo: festa e revolución terá lugar nos Petoutos, en Vilaverde, o martes 20 a partir das 19.30 horas. E despois de regueifar, seguiremos gozando da música, o canto e o baile con Tiruleque!

Noite de estrea en Xalo
Non perdas detalle do Castelo Conta
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.