Faite coas túas entradas antes de que se esgoten.
Xa están á venda as entradas para o Castelo Conta 2024
A nova edición do Castelo Conta xa está en marcha. Este ano a programación é máis extensa que en anos anteriores, aumentando o número de actividades, concertos e espectáculos. Como sempre, a maioría dos espectáculos e actividades son de libre acceso, outros requiren entrada ou inscrición. Con elas, facemos que o festival sexa sostible economicamente e que poida seguir ano a ano ofrecendo unha programación cultural de primeiro nivel.
Os espectáculos que requiren mercar unha entrada nesta ocasión son Castelo Arre ou Show, os concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Sés e Dios ke te crew e a Noite de monólogos do Castelo Conta. Podes mercar a túa entrada aquí.
Tamén é preciso facer inscrición para participar na andaina do sábado 24 e mercar tíckets para o xantar e a cea. Podedes facelo pinchando aquí.
Se tes un cativo ou cativa na casa e queres anotalos para participar na Xente Miúda, as inscricións hai que facelas nesta páxina.
O resto de actividades son de libre acceso ata que as capacidades dos recintos se completen. Podes consultar toda a programación aquí para non perder detalle de todo o que vai pasar este ano en Castelo.
