O día grande: xantar, andaina, cea e monólogos

SÁBADO 26 AGO
Desde as 14.00
Folgueira e Monte Xalo
Desde 15€

Unha longa xornada de festa con actividades para todos os públicos.

A venda de tíckets online para o sábado está pechada. Aínda podes vir ao Xantar e á Cea e mercar o tícket alí.

Tíckets

The numbers below include tickets for this event already in your cart. Clicking "Get Tickets" will allow you to edit any existing attendee information as well as change ticket quantities.
Andaina
Inclúe unha bolsa, unha camiseta e un seguro de responsabilidade civil. Terás que facilitarnos o nome, apelidos, DNI e talle de cada inscrito.
15
quedan 184
Xantar
Churrasco, chourizo criollo, auga, postre e café
15
Ilimitado
Cea
Fideuá, postre e auga.
15
Ilimitado

O sábado 26 non haberá escusa para pasalo ben. O Castelo Conta ofrece unha completa programación para asegurar un día enteiro de festa.

Un xantar popular, amenizado por DJ Mínimo, será a primeira cita da xornada, para coller forzas para o resto do día. Pola tarde, gaiteiros e charanga acompañarán a andaina ao Monte Xalo, rematando o percorrido no Petón, cunha merenda e a actuación de Abraham Cupeiro. O artista invitará a viaxar no tempo e no espazo a través da súa música e os seus instrumentos ancestrais.

A cea espera no campo da festa e, posteriormente, a polideportiva acollerá a tradicional noite de monólogos conducida por Xosé A. Touriñán. Os convidados nesta ocasión son Pepo Suevos, Rober Bodegas, David Amor, Lucía Veiga, Marita Martínez, Javier Veiga, Noemi Rodríguez, Patricia Castrillón, Federico Pérez e David Perdomo. Miguel Lamas Quartet serán os encargados de abrir a noite.

A festa non remata aí, Salamandra continuará a noite coas súa música e DJ Mínimo collerá o relevo para continuar a festa.

Tíckets

The numbers below include tickets for this event already in your cart. Clicking "Get Tickets" will allow you to edit any existing attendee information as well as change ticket quantities.
Andaina
Inclúe unha bolsa, unha camiseta e un seguro de responsabilidade civil. Terás que facilitarnos o nome, apelidos, DNI e talle de cada inscrito.
15
quedan 184
Xantar
Churrasco, chourizo criollo, auga, postre e café
15
Ilimitado
Cea
Fideuá, postre e auga.
15
Ilimitado

Noticias relacionadas

Castelo nunca defrauda

Rematou a mellor semana do ano. Chegamos ao domingo logo de compartir con preto de 10.000 persoas un festival único no mundo.

Ler máis
X