Do luns 24 ao venres 28|18:00

Contos de Castelo

As tardes no Castelo Conta son para falar, escoitar e compartir. Os Contos de Castelo celebran a oralidade como ferramenta para gardar e transmitir a nosa memoria.

Nesta décimo primeira edición, os Contos de Castelo percorrerán diferentes aldeas da contorna cunha programación de encontros nas tardes do luns ao venres.

A semana comezará en Castelo de Abaixo cun encontro dedicado á figura de Finita Gay, coa participación de Xurxo Souto (Orquestra Bravú Xangai). O martes, en Vilaverde, a tradición oral será a protagonista cunha conversa sobre a regueifa e un obradoiro impartido por Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. O mércores, en Xalo, descubriremos o mundo do baile tradicional con Artur Puga. O xoves, en Folgueira, recibiremos aos seis grupos de mulleres participantes en Mulleres que Contan, nun encontro que contará tamén coa presenza de Mercy Díaz. A semana rematará por primeira vez en Cabrois, cunha tarde dedicada aos mitos e lendas e á súa relación coa literatura.

Unha programación para seguir mantendo viva a tradición de contar, escoitar e compartir as historias que forman parte da nosa identidade.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.