O sábado é un día para coñecer e desfrutar do Castelo Conta desde primeira hora.
O Día Grande da festa
Así como todas as vilas teñen o seu día, o Castelo Conta tamén ten o seu. O sábado é o día a partir do cal medrou a festa ata como coñecemos hoxe en día o Castelo Conta. O día 24 temos moitas actividades durante todo o día coas que pasar unha xornada cos amigos ou a familia, coñecer as aldeas que conforman Castelo e gozar da comedia cos mellores cómicos do país.
Para que non perdas nada, contámosche todo o que vai pasar o sábado 24 en Castelo.
O día comeza co xantar para coller forzas. Como boa festa, non faltará o churrasco nin o bo pan. Se és vegano, non quedas sen xantar, só tes que indicalo no momento de facer o teu pedido. Para poder desfrutar da cominda, é necesario mercar tíckets, podes facelo pinchando aquí.
Unha vez que demos conta da comdida e tomamos o café, iniciaremos a andaina que este ano volve trascorrer polas aldeas de Castelo. A andaina irá acompañada pola charanga Mil9 e Os Viquieras. Nas distintas paradas, Celso Sanmartín e Marita Martínez farán contadas coas que recuperar folgos mentras rimos. Para participar na andaina é necesario anotarse aquí. Recibirás unha bolsa, unha camisola e tamén o seguro de responsabilidade civil (é por iso que é necesario inscribirse co DNI).
Rematada a andaina, a cea agarda por nós. Teremos empanada de Carral, fideuá e postre. Tes que mercar os tíckets para a cea aquí.
Coa noite chega o evento fundacional do Castelo Conta, A noite de monólogos! Nesta ocasión, a noite presentada por Xosé A. Touriñán contará coa participación de Carlos Blanco, Lucía Veiga, David Perdomo, Isabel Risco, Federico Pérez, Oswaldo Digón, Marita Martínez, Pepo Suevos, Patricia Castrillón e Gari Garrido. Os Galifunk serán os encargados de abrir a noite e de acompañar os cómicos durante toda a actuación. Podes mercar as túas entradas aquí ou nos puntos de venda físicos. A noite continúa logo coa actuación dos Revenidos e con DJ Mínimo.
