A cativada ten o seu espazo no Castelo Conta

Ademais das actividades e obradoiros da Xente Miúda, temos varios espectáculos de libre acceso pensados para pasalo ben en familia.

As mañás do Castelo Conta son para as e os máis cativos. A Xente Miúda é a programación especialmente deseñada para elas e eles, coa diversión e o respecto pola natureza como piares fundamentais. Esta actividade ten un éxito enorme, tal e como proba o feito de que as prazas esgótanse axiña edición tras edición. Pero non acaba aí o Castelo Conta para a cativada, temos varios espectáculos preparados para pasalo en grande con toda a familia!

O ano 2022, chegaban ao Castelo Conta Fran Rei e Félix Rodríguez coa súa particular food truck e fartamos de rir coas súas receitas, cancións e enredos culinarios. Dous anos máis tarde, regresan a Castelo con Máis Saaabor!, a segunda entrega destes dous chefs que, de seguro, serán os máis estrafalarios de todos canto pasen este ano pola parroquia. Estarán o mércores 21, ás 19.30 h, na Eira do Ferrador.

O Centro Dramático Galego está este ano de aniversario, como 40 anos non se fan todos os días, estano a celebrar ao grande. Unha das producións deste ano —en colaboración con Teatro ó cubo— é De Vilatriste a Vilalegre, un espectáculo que mestura o traballo actoral cos monicreques e que foi escrito por Roi Vidal Ponte. Chega a Castelo o xoves 22 a bordo da Utópica Rodante, un teatro móbil que levará o espectáculo por máis de 100 lugares de Galicia. Poderemos velos en acción o xoves 22, ás 12.00, en Folgueira.

O venres 23, finaliza a intensa semana da Xente Miúda. Para poñer un peche á altura estará con nós Uxía Lambona e a Banda Molona, cos seus clásicos da música galega pasados polo filtro do rock e adaptados ao público máis novo. O concerto será o venres 23 ás 13.30 horas na Polideportiva de Castelo. Agardamos por vós!

O Día Grande da festa
Vén coñecer Castelo na mellor das compañas
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.