Comeza a mellor semana do ano!

Unha nova edición do Castelo Conta arrinca mañá. Temos espectáculos e actividades para todos os públicos, xuntanzas, xantares e, sobre todo, moita gana de pasalo ben.

Xa non queda nada, o Castelo Conta está a piques de comezar. De luns a domingo, a nosa aldea será o centro da cultura, para todos os públicos e desde o rural. Arrincamos a edición máis ambiciosa do festival, na que como gran novidade inauguramos os Vermús na taberna, unhas sesións de gastronomía e música nas que abriremos boca —en todos os sentidos— para as longas xornadas de conversas, películas, espectáculos, música e comedia que termos durante a semana.

Nesta edición batimos récords en canto á venda de entradas, esgotándose as da Noite de Monólogos e as de Castelo Arre ou Show en poucos días. Tamén voaron en poucas horas as prazas para a Xente Miúda. Quedan aínda entradas dispoñibles para os concertos do venres, nos que contaremos con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Sés e Dios ke te crew e tamén temos aínda prazas libres para anotarse na andaina do sábado. O resto de espectáculos e actividades son de libre acceso.

Se non podes vir acompañarnos a Castelo, lembra que nesta web e nas nosas redes sociais en Facebook, X e Instagram iremos contando o que aquí vai pasar con todo detalle. Na sección Ver e escoitar compartiremos as mellores imaxes e os resumos en vídeo das longas —e divertivas— xornadas que nos agardan ata o domingo 25, cando poremos o peche a esta edición coa Romaría do San Ramón, festa que deu orixe ao Castelo Conta.

Dramaturxia no rural para toda a familia
Non perdas nada coa app do Castelo Conta
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.