Non perdas nada coa app do Castelo Conta

Na aplicación poderás acceder a contidos exclusivos e enterarte de todo o que acontece mediante o noso sistema de notificacións

Queres ter a man a programación e todas a novidades do Castelo Conta? A nosa aplicación permite todo iso, pero tamén conta cun mapa do festivalunha selección de entrevistas e pezas documentais en audio para que escoites cando queiras e, como novidade nesta edición, un roteiro con contos e historias para escoitar no lugar no que sucederon.

A aplicación está dispoñible para a súa descarga en teléfonos Android e iOS. Pero como funciona e que tipo de contidos podemos atopar nela?

Na sección inferior da pantalla están as iconas que levan aos diferentes apartados da aplicación. A primeira, identificada cunha casiña, permite acceder ás novidades máis salientables, así como ter acceso directo á información sobre espectáculos que requiren a compra dunha entrada. Para os monológos xa se esgotaron as localidades, mais aínda quedan para os concertos do venres e para a andaina do sábado. Anímate e non te quedes sen a túa entrada!

O símbolo do calendario permite consultar a programación de cada día por horas para non perderse ningunha das actividades nin onde se sitúan. De xeito xeral as mañáns están reservadas para os máis pequenos co campamento infantil ‘Xente Miúda‘ e ao mediodía poderemos desgustar diferentes tapas e desfrutar de pequenos concertos nos ‘Vermús na taberna’ da Casa Rodríguez. Xa pola tarde a partir das 17:00 horas escoitaremos e falaremos nos ‘Contos de Castelo‘, mais despois das 19:30 horas os ‘Seráns nas aldeas‘ traerán estreas, espectáculos e incluso unha Poetry Slam. As noites terán como protagonistas a comedia e tamén a música. Todo isto muda a fin de semana, deixando relevo para o deporte e a romería de San Ramón.

A figura do xornal, como é de supoñer, proporciona un acceso directo ás nosas últimas noticias para estar sempre ao día de todo o que acontece en Castelo. O mapa, ademais de servirnos para orientarnos e poder chegar sen perdernos a todas as aldeas, tamén incorpora unha nova función, a de escoitar audios xeolocalizados mentres se camiña pola parroquia. Estes audios teñen unha duración duns tres minutos e neles poderás coñecer as historias que hai detrás das edificacións, árbores e profesións típicas de Castelo. O mellor? Os narradores son os propios veciños e veciñas.

Por último, o debuxo dos auriculares dan acceso directo aos nosos programas dos ‘Contos de Castelo’ e a todos os audios. Deste xeito, para aqueles que se perdan algún dos programas en directo, poderán revivilos todas as veces que queiran. Tamén están dispoñibles os da edición pasada, cando se estreou este novo formato.

A aplicación conta ademais cun sistema de notificacións para que non te perdas ningunha novidade, só tes que activalo. Descárgaa e desfruta da comodidade de ter no teu peto todo o que precisas para o Castelo Conta.

Comeza a mellor semana do ano!
Como cho conto
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.