Unha viaxe teatral para toda a familia

Castelo de Abaixo tornará na sabana africana da man do aventureiro Quatermain e Ghazafelhos.

Os cativos e cativas do Castelo Conta tamén teñen a súa propia programación. Teatro Ghazafelhos lévanos de viaxe con As minas do rei Salomón. Unha proposta na que atoparemos dende feras salvaxes a tesouros, pasando por caníbales, un Tarzán, avións de hélices… Toda a familia poderá acompañar ao explorador Quatermain nunha viaxe por África! As risas están aseguradas, pero tamén haberá tempo para reflexionar sobre a preservación do medioambiente.

Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho e Pablo Sánchez Pablísimo convertirán a Eira de López nunha sabana, ou nunha xungla, interpretando multitude de personaxes que nos transportarán ao corazón de África e ás películas de aventuras dos anos cincuenta.

A obra, de balde, terá lugar o luns 21 ás 20.00h, en Castelo de Abaixo.

Xuntos para bailar coa Familia Caamagno
Un concerto de Abraham Cupeiro agardará no Petón tras a Andaina
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.