As minas do rei Salomón

LUN 21 AGO
20:00
Eira de López (Castelo de Abaixo)
De balde

Unha divertida proposta familiar que parodia as películas de aventuras.

A nova peza de Teatro Ghazafelhos parodia as películas de aventuras en África producidas no Hollywood da década dos 50.

Quatermain, un cazador contratado por un magnate estadounidense debe atopar as lendarias minas do rei Salomón e para iso emprende unha viaxe na que non faltarán os avións de hélices, as loitas con feras e o encontro co mesmísimo Tarzán. Unha divertida proposta chea de sorpresas que convida ao público a reflexionar sobre a preservación do medio e a vida.

Noticias relacionadas

X