Xuntos para bailar coa Familia Caamagno

Os de Sigüeiro montarán a festa o xoves 24 logo da ‘Corentena’ de Perdomo e Touriñán.

Nun dos seus últimos temas, Familia Caamagno asegura que “O mundo está derrotado”, pero “e que me importa a min, se nesta vida eu só quero bailar”. E dispostos a facer bailar a todo o mundo chegan a Castelo os cinco compoñentes da banda de Sigüeiro. Festa, boas vibras e moito baile é o que promete a Familia Caamagno ao Castelo Conta, para que todo o mundo o pase ben e non quede ninguén sen bailar.

Dende o 2011, Toni, Lano, Jess, Francesco e Manuele visten as súas mellores galas e soben aos escenarios co propósito de facer bailar a todos e todas. Por iso, xuntos celebraremos a festa, pois como ben dixo Juan Pardo: “Xuntos e que sintan todos que si van xuntiños temos máis camiños pra facelos ben”.

O concerto, de libre acceso, será na Polideportiva de Castelo, o xoves 24 despois de que remate Corentena, con David Perdomo e Xosé A. Touriñán.

Das ideas ao escenario co obradoiro ‘Fai o teu’
Unha viaxe teatral para toda a familia
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.