Un concerto de Abraham Cupeiro agardará no Petón tras a Andaina

O músico lugués transportarános a través do tempo desde o escenario natural do monte Xalo.

Abraham Cupeiro é capaz de facer soar unha palliña como se fose unha gaita. É por isto que moitos o coñecen tras viralizarse unha entrevista na que mostraba a súa habilidade. Pero máis alá desta anécdota, Cupeiro é un artista que tan ben toca jazz, como reconstrúe instrumentos musicais perdidos no tempo. Ten unha colección de máis de 200 instrumentos de diferentes épocas e lugares, que os fai soar interpretando músicas variadas. É, ademais, un dos poucos artistas que poden presumir de tocar o Kanyx, unha trompeta celta da Idade de Ferro, ou a corna, ligada á tradición galega. 

Abraham Cupeiro estará esperando no Petón ás personas que cheguen de facer a andaina do Día Grande do Castelo Conta. O lucense súmase á programación do sábado, ofrecendo un concerto nun lugar único.  Os tíckets para inscribirse á andaina poden mercarse na web ou nos puntos de venda físicos do festival na Coruña, O Burgo e Castelo. 

Unha viaxe teatral para toda a familia
Faite coas túas entradas
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.