Un trío musical á vangarda da tradición

A música de Guillerme Fernández, Guadi Galego e Xabier Díaz en versión acústica.

O mércores, día 24, Guillerme Fernández, Guadi Galego e Xabier Díaz, en conxunto, acompañarannos no Castelo Conta. Nesta xornada, contaremos con tres figuras de renome na música galega de raíz, quen empregarán a propia experiencia musical para dar vida ao propio trío.

Nestas Versións Ultramarinas os tres artistas interpretarán algúns dos seus temas favoritos, achegándonos a súa propia versión dos mesmos. Así, nunha sesión en acústico, que terá lugar ás 20.30 horas en Folgueira, poderemos desfrutar desta proposta íntima que mestura tradición e vangarda.

A entrada é de balde, mais para poder asistir será necesaria a previa retirada de convites, tanto a través da web como nos puntos asignados para a venda física.

Os Contos de Castelo
Rock psicodélico do país
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.