Rock psicodélico do país

Moura chega a Castelo na noite do venres 26 para impregnarnos coa potencia e beleza da súa música experimental.

Moura é unha banda galega de recente formación, malia contar cunha formación de artistas con ampla bagaxe musical. Este grupo de músicos -composto por Diego Veiga, Hugo Santeiro, Fernando Vilaboy, Luis Casanova, Pedro Alberte e Belém Tajes- afonda e fusiona as influencias do krautrock e o folk co rock progresivo dos anos 70. A banda mestura diferentes xéneros e elementos para dar luz a misticidade galega.

Así, a psicodelia, o folk e o kraut son empregados para reconectar cos elementos místicos e folclóricos propios da terra galega. A banda combina instrumentos propios do rock con aqueles de carácter tradicional como a zanfona, os pandeiros e tamén as pandeiretas.

Estes seres mitolóxicos, as Mouras, sairán a superficie o venres 26 para impregnarnos coa beleza da súa música. Na polideportiva de Castelo, ás 00:00h. Entrada de balde!

Un trío musical á vangarda da tradición
Camiñando por Castelo
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.