Guillerme Fernández, Guadi Galego e Xabier Díaz

MÉR 24 AGO
20.30
Polideportiva
De balde, con convite

Tres grandes figuras da música galega, xuntas en Castelo para interpretar versións dos seus temas favoritos.

Tres das máis grandes figuras da música galega de raíz xuntas sobre o escenario do Castelo Conta. Guillerme, Guadi e Xabier traerán ao Castelo Conta o seu repertorio inimitable no que vangarda e tradición van da man.

Se falamos de música galega de raíz, Guadi, Guillerme e Xabier sairán na conversa si ou si. Membros de multitude de formacións clásicas e referentes no seu facer, son recoñecidos polo público e pola crítica acumulando multitude de premios e enchendo salas e auditorios durante anos. Poder ver aos tres sobre o escenario é garantía de boa música.

Nestas ‘Versións ultramarinas’ achéganos a súa visión dalgúns dos seus temas preferidos

Noticias relacionadas