Un festival máis accesible

O Castelo Conta terá nesta edición espectáculos accesibles mediante intérpretes de lingua de signos grazas á colaboración coa FAXPG.

O Castelo Conta terá nesta edición espectáculos accesibles mediante intérpretes de lingua de signos grazas á colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. O director do Castelo Conta, Xosé Antonio Touriñán e o presidente da FAXPG, Iker Sertucha, presentaron esta iniciativa en favor da accesibilidade do festival para as persoas xordas.

Nun acto celebrado en Castelo, Touriñán e Sertucha deron a coñecer o acordo para mellorar a acesibilidade da programación de humor do festival. Desta maneira, o espectáculo Somos Criminais 3, con Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán e a Noite de Monólogos do sábado 27, contarán con varios intérpretes de lingua de signos para facilitar o acceso das persoas xordas e con perda de audición. 

Xosé A. Touriñan quixo agradecer o traballo da FAXPG, destacando a necesidade de seguir camiñando na accesibilidade para públicos con pérdidas auditivas e outros problemas sensoriais. O Castelo Conta continúa traballando na adaptabilidade dos contidos da súa programación ano a ano.

O presidente da Federación da Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Iker Sertucha, destacou a importancia de achegar os espectáculos de humor e os eventos culturais ás persoas xordas.

Teatro para toda a familia
Súmate á xestión responsable do Castelo Conta!
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.