Súmate á xestión responsable do Castelo Conta!

Apostamos unha edición máis por #SenPlásticosNoMonte co fin de facer un uso consciente e responsable do espazo natural.

Edición tras edición, o Castelo Conta pretende ser referente na xestión responsable dos recursos e tamén dos residuos. Por isto, existe tanto un plan de sostibilidade como un compromiso sociocomunitario na actuación do festival.

Con todo isto, dende a organización buscamos minimizar o impacto que este evento poida causar na súa contorna más inmediata. Para tal fin, propoñemos unha serie de medidas que teñen por obxectivo a redución de residuos, mediante a eliminación de plásticos non reutilizables, a separación de lixo para a súa correcta reciclaxe e, en paralelo, as actividades de sensibilización que incluímos no total de actividades que, realizándose nunha contorna rural, velan por non resultar intrusivas para a veciñanza.

O Xalo é a nosa casa e queremos que siga séndoa por moito tempo, polo que #SenPlásticosNoMonte é o cancelo que empregaremos para agrupar estas accións e xerar un impacto positivo, concienciando sobre a importancia de manter os nosos montes e espazos naturais libres de plásticos dun só uso.

Do mesmo xeito, co fin de concienciar á Xente Miúda do Castelo Conta, organizamos unha serie de actividades concretas que poñen a educación ambiental no centro, formando as xeracións máis novas nunha cuestión de vital importancia como é a preservación do noso entorno natural. 

Un festival máis accesible
Viaxamos de Galicia ao Mediterráneo Oriental
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.