Teatro para toda a familia

A compañía Pedras de Cartón interpretará a peza teatral ‘Quixote’ para os miúdos do Castelo Conta.

Despois dunha exitosa primeira peza teatral, reinterpretando o texto do Lazarillo de Tormes, a compañía de recente creación, Pedras de Cartón, leva a cabo a adaptación da novela do Quixote, de Miguel Cervantes.

Este dueto formado por Juan Rodríguez e Pablo Sánchez propón unha relectura dos textos clásicos co fin de reflectilos sobre as táboas e aproximalos a un público familiar.  Así, en chave cómica, estes dous actores interpretarán aos coñecidísimos Quixote e Sancho Panza, rememorando as súas historias máis representativas, así como a relación antagónica entre estes dous compañeiros de aventuras.

Con isto, o obxectivo reside en achegar as artes escénicas aos cativos e cativas, como tamén unha parte da cultura clásica que, neste caso, afonda e forma parte da literatura española.

Dirixida por Laura Salasola, esta representación teatral terá lugar o mércores, día 24, en Folgueira, ás 19:30h. Entradas de balde.

Sesión acústica de Sés en Folgueira
Un festival máis accesible
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.