Quixote

MÉR 24 AGO
19.30
Polideportiva
De balde

Cunha estética inspirada no pallaso clásico e en clave de clown, Pedras de Cartón fan unha viaxe polas escenas máis icónicas da novela de Cervantes.

‘Quixote’ é o segundo espectáculo de Pedras de Cartón. Unha adaptación do texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, en clave de comedia.

Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, fai unha viaxe polas escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho.

Gañador do Premio Barroco Infantil no XLIV Festival de Teatro Clásico de Almagro, ‘Quixote’ é un xogo cómico inspirado na obra de Miguel de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia, nunha proposta chea de humor e case sen palabras, na que Don Quixote viaxa polas terras de Castela no seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

Noticias relacionadas