O cinema, protagonista do primeiro día

O Castelo Conta 2024 inaugurouse nunha xornada solleira e protagonizada polo humor de Federico Pérez e Miguel de Lira e a reapertura de Casa Rodríguez.

O luns comezou o Castelo Conta e non puido facelo de mellor forma. O tempo solleiro acompañou unha xornada na que o cinema e a música foron os principias protagonistas.

Os máis madrugadores foron a cativada da Xente Miúda, que tiveron a oportunidade de desenvolver a súa parte máis artística. Primeiro foron ata o Castelo Studio para aprender da man de Iria do Castelo a estampar bolsas con follas naturais, ademais de pintar outros obxectos, como unha serie de macetas. Tamén coñeceron como se realiza un videoclip grazas a Javier Seoane.

A xornada continuou cos Vermús na Taberna. Este luns Jorge Trigo, chef do restaurante A Espiga, foi o encargado de realizar os petiscos —unhas crocretas melosas e afumadas deliciosas— que serviron de acompañamento para os que desfrutaron da música en directo de Alana, gañadores do certame Galicia Crea no 2023. A Casa Rodríguez estreouse por todo o alto, non faltaron augas e bebidas para resfrescarse.

Xa pola tarde, trasladámonos a Eira de López. en Castelo de Abaixo, para escoitar todas as historias que os veciños compartiron nos Contos de Castelo. Nesta ocasión, Federico Pérez e Miguel de Lira foron os encargados de conducir o programa. Falamos de cine, de fotografía e doutros contos. Un dos convidados, Carlos Lorenzo, uniuse aos Contos para presentar o seu documental Cardoña, fotos a sete pesetas e falar figura deste fotógrafo itinerante de Carral. Tivemos a oportunidade de contar coa participación de Matilde Gestal, a filla de Cardoña. Tamén pasou pola mesa dos Contos Ana Moreiras, autora de Xaora Madialeva, coa que falamos sobre literatura e as historias que nos inspiran para escribir.

Todas estas conversas deron pé a seguinte actividade do serán, a proxección da película +Cuñados. Contamos con tres dos seus protagonistas Miguel de Lira, Federico Pérez e Xosé A. Touriñán e co director desta exitosa comedia; Luis Avilés. A proxección convertiu por vez primeira a Eira de López nunha gran sala de cine ao aire libre.

Lamatumbá foron os encargados de poñer o peche ao primeiro día do Castelo Conta. Fixéronnos brincar con Licorcafé, Estírate can, Xa nos tardaba… e mesmo presentaron un tema novo: Botando leña. Un gran remate para un gran comezo de festival.

Este primeiro día estivo marcado pola calor, polas risas e pola cultura! Así é o Castelo Conta. Aínda estás a tempo de asistir ás actividades dos próximos días.

Como cho conto
Chegar ao ceo en motoserra e outras cousas de non crer
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.