Xa están á venda as entradas do VIII Castelo Conta!

Podes mercalas a través desta web ou nos puntos de venda físicos.

A nova edición do festival xa está en marcha. Como todos os anos, a maioría dos espectáculos e actividades son de libre acceso, para aquelas que é necesario mercar unha entrada tes a posibilidade de facelo desde esta web ou nos puntos de venda físicos. Como novidade, este ano só se venderán a través da plataforma Ataquilla as entradas para Corentena, o concerto do Combo Viramundo, Muchachito One Man Band e Lamatumbá e para a Noite de Monólogos do sábado. O resto de entradas e tickets para o Día Grande (Xantar, Andaina e Cea), mercaranse directamente nesta web, indicando a cantidade de tickets e cubrindo os datos dos asistentes á andaina.

As inscricións para a Xente Miúda e para Fai o Teu, o obradoiro impartido por Noemi Rodríguez, tamén se realizan directamente desde a web.

Tamén é posible mercar as túas entradas para Corentena, o concerto do Combo Viramundo, Muchachito One Man Band e Lamatumbá e para a Noite de Monólogos nos puntos de venda física:

  • En Castelo, as entradas e convites estarán dispoñibles no Centro Social de Castelo, en Folgueira. Está aberto os venres a partir das 16.00 horas e os sábados e domingos a partir das 12.00 horas.
  • No Burgo podedes conseguilas en Q! Impresión, en horario de luns a venres de 10.00 a 17.00 horas.
  • Se estades pola Coruña, as entradas e convites están á venda en Ainé, en horario de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas. Este é o único punto de venda no que poderedes pagar as entradas con tarxeta.
O Castelo Conta bota a andar a súa VIII edición
Así foi a presentación do VIII Castelo Conta!
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.