Viaxamos de Galicia ao Mediterráneo Oriental

Xurxo Fernandes é un músico único, que achega unha proposta moi rica e orixinal para as Noites do Castelo Conta.

Xurxo Fernandes porá fin a xornada do xoves 25, cunha actuación que terá lugar na polideportiva de Castelo ás 23:00h. Unha sesión que suporá unha mostra musical e etnográfica das músicas de raíz.

A traxectoria deste artista bebe da cultura popular, da creación colectiva, da man das súas portadoras: as pandereteiras. É así que o creador coruñés pretende manter viva a rica tradición a través da súa presenza no panorama actual. Así, mediante a percusión de man e de voz, Xurxo Fernandes ofrece, ao longo do seu percorrido musical, un repertorio que mestura e complementa a tradición galega e a oriental sefardí. Unha ampla cosmovisión que teremos a oportunidade de desfrutar nesta edición do Castelo Conta.

Xurxo Fernandes é un gran coñecedor do folclore europeo. Logo de iniciar moi novo a súa investigación de campo sobre a tradición musical galega, percorreu lugares como Grecia, Turquía, Bulgaria ou Israel na busca das raíces do folclore. Xurxo é o único artista da súa xeración capaz de falar e escribir en ladino, lingua da comunidade sefardí que habitou a Península Ibérica ata 1492. Un músico único cunha proposta moi rica e orixinal para as Noites do Castelo Conta.

A entrada para este concerto é de balde. 

Súmate á xestión responsable do Castelo Conta!
Os Contos de Castelo
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.