Sons urbanos… no rural

Boyanka Kostova chegan a Castelo co seu flow rural. Trap de aldea si, mais tamén universal!

Boyanka Kostova son pioneiros no trap galego. Cibrán e Chicho mesturan todas as súas influencias que beben do hip-hop, do rock, da cultura popular, do folclore…

Combinando retranca e ritmos tradicionais con sons urbanos, electrónica chea de loops, samples e ritmos low-fi, Boyanka constrúen un son urbano e contemporáneo, puro flow rural. Trap de aldea, mais universal. 

A verbena de Chicho e Cibrán estará o xoves no Castelo Conta para pechar unha xornada de comedia cos seus himnos costumistas, reivindicativos e divertidos a máis non poder. Non perdades a experiencia Boyanka Kostova, un show inimitable. O concerto é de libre acceso e dará comezo ao remate do Castelo Arre ou Show.

Noite de cinema en Castelo
O monte pensado para a cativada nas actividades de ‘Un monte para sempre’
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.