Sabedoría e retranca: As Fillas Bravas en Castelo

Dende Momán a Xalo, As Fillas Bravas chegan até Castelo cargadas dos cantares populares máis actuais do país.

As Fillas Bravas visitan Castelo nesta nova edición, achegándonos a realidade social nun formato entre o diálogo e o cantar, toda unha xuntanza popular. Estas tres pandeireteiras de Momán presentaranse ante o seu público en Xalo, cunha chea de coplas e lerias sobre as que entonar uns cantos, conversar e por que non, tamén, disputar.

Así, entre todas as actividades que terán lugar o venres 26 estarán elas: Isaura (Patricia de Lorenzo), Dosinda (Mónica García) e Benedita (Arantza Villar), preparadas para trasmitirnos a súa sabedoría a través da oralidade, sen esquecer, en ningún momento, a retranca que tanto as caracteriza.

Estas tres mulleres tratarán diferentes temas de interese social en chave cómica, coa máxima de concienciar ao seu público e xerar un debate necesario, tomando parte activa desta peculiar análise social, que reflicte unha mirada sensible sobre o noso entorno e as nosas xentes.

A entrada para sumarse á xuntanza destas tres empoderadas mulleres é de balde e para todos os públicos.

A icónica Finita Gay
O food truck do Saaabor! chega a Castelo
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.