O food truck do Saaabor! chega a Castelo

O novo espectáculo de Fran Rei e Félix Rodríguez, achega a toda a familia ao mundo gastronómico en chave cómica e musical.

Na xornada do luns, os nosos miúdos e miúdas poderán desfrutar do teatro musical de Fran Rei e Félix Rodríguez. Este dúo ofrecerá unha actuación en chave cómica, cunha boa mistura de elementos e recursos para facer rir e entreter aos máis pequenos.

Saaabor! aborda o mundo gastronómico, convertendo a ambos protagonistas en recoñecidos chefs. No transcorrer do espectáculo atoparemos comedia, música e até maxia, ingredientes que confluirán nun inesquecible menú do día.

O acceso á representación é libre, tendo lugar ás 19:30h, en Castelo de Abaixo. 

Sabedoría e retranca: As Fillas Bravas en Castelo
Domingo de vermú con Sito Sedes
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.