O pasado e o presente da música galega emerxen nunha innovadora proposta electrónica

O mércores 24 poderemos desfrutar da experiencia sonora de Russinha, quen se encargará de pechar a terceira xornada do Castelo Conta.

O mércores 24 será o día no que poderemos desfrutar da experiencia sonora de Russinha, quen se encargará de pechar a terceira xornada do Castelo Conta. A sesión será en Folgueira, ás 22:00h, e completamente de balde.

Russinha é o nome artístico de Marta Gilino, artista consolidada no mundo da música, recoñecida como axitadora da escena electrónica galega. Nas súas composicións interveñen múltiples influencias que mesturan tradición e innovación sobre un eixo dinámico.

Baixo un selo identitario común, a súa proposta aproxímanos ao dancing, prestando especial atención nas emocións como parte da experiencia musical; entendendo o son como un espazo (auto)consciente de repensamento social.

A sesión vermú, con Nordesía
Un festival que facemos entre todas e todos
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.