A sesión vermú, con Nordesía

A sesión vermú é algo que non pode separarse de ningunha festa e no Castelo Conta somos moito de respectar as tradicións, aínda que as actualicemos. Iso mesmo fan en Nordesía, un vermú que leva dentro as verbenas e os aperitivos e a esencia das nosas vilas, das nosas festas.

Para nós é moi importante a busca e a recuperación do saber e dos costumes tradicionais da nosa terra, da busca por traer ao presente os sabores das bebidas tradicionais de Galicia nace Nordesía, un vermú con personalidade propia que vén dada pola climatoloxía, a orografía e a orientación dos viñedos que aportan un carácter xenuinamente atlántico. Un sabor que sorprende polo frescor e os toques de acidez propios das variedades galegas de uvas.

Para desfrutar da música, o humor e as historias máis nosas, Nordesía Vermú Atlántico Roxo e Nordesía Vermú Atlántico Branco son os mellores aliados.

X