Camiñando por Castelo

Como cada ano, na tarde do sábado saímos a camiñar pola contorna de Castelo, acompañados pola veciñanza e os visitantes percorremos diferentes puntos que conforman a parroquia.

Composta por diferentes paradas, a andaina comeza en Folgueira cunha pequena introdución do actor Carlos Blanco. Na segunda parada recargaremos as pilas cun pequeno petisco para despois desfrutar dunha mostra de baile tradicional. A cuarta parada será a última, de volta en Folgueira, onde Carlos Blanco e Luis Davila recibirán aos camiñantes cun pequeno espectáculo de humor.

Esta andaina percorre diferentes lugares de Castelo nun itinerario circular que ten o seu comezo e o seu fin en Folgueira, pasando por Xalo, Castelo de Abaixo, Donepedre, Vilaverde e Xián. Ao longo desta camiñada de sete quilómetros, tamén nos acompaña unha charanga itinerante, poñendo música a cada paso.

Esta actividade forma parte da programación do día grande de Castelo, para participar podes facerte coas túas entradas ben na páxina web ou nos diferentes puntos de venda física.

X