Recuperamos os contos ao pé do Xalo

Seguimos traballando na memoria da parroquia grazas ao apoio da Deputación da Coruña.

Desde a Asociación Cultural Castelo Conta seguimos recuperando a memoria oral da comarca. Contos ao pé do Xalo é unha iniciativa que pretende conservar e difundir as historias, manifestacións culturais e lendas asociacidas á contorna do Monte Xalo. A través de conversas, entrevistas e outras investigacións, recollemos as verbas das nosas veciñas e veciños, salvagardando o patrimonio oral de Castelo e das parroquias limítrofes que circunvalan o Xalo.

Este proxecto pretende ser un grande arquivo da memoria da nosa parroquia e das parroquias veciñas. Buscamos saber máis da nosa historia, dos modos de vida tradicional, das nosas festas e particularidades conservadas na oralidade. Os Contos ao pé do Xalo son unha iniciativa que irá medrando ano a ano, mediante entrevistas e investigacións en arquivos, primando a recollida en audio das historias por parte dos seus protagonistas ou das testemuñas que poden achegarnos, entre outros moitos saberes, modos de vida tradicionais e diferentes manifestacións culturais e sociolóxicas.

Contos ao pé do Xalo é unha iniciativa da Asociación Cultural Castelo Conta que conta co apoio da Deputación da Coruña a través do seu programa de subvencións para Actividades Culturais.

Un festival singular feito desde a colectividade
Escoita os ‘Contos de Castelo’ alá onde esteas
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.