A décima edición do Castelo Conta non sería posible sen o apoio dos nosos colaboradores. Empresas e institucións que fixeron posible, cada unha desde o seu ámbito, que a festa fose máis grande, máis sostible e máis aberta á comunidade.

A décima edición do Castelo Conta non sería posible sen o apoio dos nosos colaboradores. Empresas e institucións que fixeron posible, cada unha desde o seu ámbito, que a festa fose máis grande, máis sostible e máis aberta á comunidade.













Se algo temos claro no Castelo Conta é que a comunidade é quen dá vida ao festival. Veciñanza, artistas e público comparten a ilusión de formar parte dun encontro único, feito por e para o rural. Con todo, hai un piar que non podemos -nin queremos- esquecer: o apoio dos nosos colaboradores. Grazas a marcas e institucións, esta décima edición rendeulle homenaxe ás nove anteriores e a todo o traballo destes anos, facendo que Castelo brillase como nunca neste aniversario.
Estrella Galicia e Cabreiroá foron protagonistas en todos os espazos de celebración: das barras do Monte Xalo á taberna e a polideportiva, acompañando cada concerto, gala e vermú con cervexa, auga e presenza visible que fixo parte da experiencia.
Do mesmo xeito, Deleite trouxo o sabor do rural e fixo que o leite galego estivese presente en cafés, sobremesas, menús e nas actividades de Xente Miúda. O seu apoio lembrounos que tamén se constrúe comunidade e tradición arredor da mesa.
Ao seu carón estiveron tamén outros colaboradores que puxeron o seu gran de area para que todo funcionase. Méndez-Rojo levou o mellor dos viños galegos ás barras e á taberna, e mesmo organizou unha cata aberta ao público. Clínica Pardiñas fixo do sorriso un símbolo desta edición con retratos, sorteos e a súa orixinal Smile Cam na ‘Gala dos dez anos’. Cartón Atlántica asegurou a sostibilidade con vasos, pratos e papeleiras de cartón, evitando plásticos dun só uso. Cafés Lúa encheu de arrecendo as xornadas, organizou unha cata e acompañou a alborada co seu café. Máis Enerxía Galega iluminou e equipou tecnicamente os espazos. Alvac decorou a Gala con plantas, facendo a noite máis acolledora, e Soos fixo posible a gran carpa da polideportiva, garantindo a seguridade fronte ao vento. Por último, Gadis, que cos seus cheques de compra, axudou a aliviar custos e contribuíu a que o Castelo Conta siga sendo un festival autofinanciado, capaz de manterse ano tras ano.
O noso agradecemento esténdese tamén ás institucións que nos acompañaron e fixeron posible esta edición: a Deputación da Coruña, o Concello de Culleredo e a Xunta de Galicia, xunto con Turismo de Galicia e Galicia Calidade. Grazas ao seu apoio, a programación foi diversa, accesible e reforzou a imaxe de Galicia como terra de cultura e colectividade.
En definitiva, todos eles contribuíron a que o Castelo Conta se vivise con máis intensidade e que a filosofía de autosuficiencia do festival -onde todo o recadado se reinviste na seguinte edición- siga sendo posible. Grazas aos colaboradores e ás institucións, celebramos non só dez anos de historia, senón tamén unha rede de complicidades que fai que cada edición sexa máis forte e significativa.