Comer no Castelo Conta… e despois: unha ruta para seguir gozando dos sabores que nos acompañaron

Na décima edición do Castelo Conta comemos de luxo. Cada día da semana, cociñeiros galegos de primeira categoría sorprenderon coa súa creatividade nos Vermús na Taberna. Un mes despois, lembramos os petiscos que estaban para non deixar migalla… e propoñemos seguir disfrutándoos nos seus restaurantes.

Na décima edición do Castelo Conta non puidemos comer mellor. Especificamente, de luns a venres, cando tivemos o pracer de contar con cociñeiros de primeira que fixeron dos Vermús na Taberna unha cita imprescindible. Petiscos de aquí e de alá, con produto galego e moita imaxinación, que deixaron á veciñanza con gañas de repetir.

O luns estrearon fogóns Jorge Trigo, de A Espiga (A Coruña), cunha ensaladilla de tasca cun usuzukuri de pargo, e Nacho Moreira Silva, de La Esquina de Valentina (A Coruña), cun bao recheo dun guiso de cachola.

O martes foi a quenda de Lolo Mosteiro e Paula Martínez, de A artesa da moza crecha (Betanzos), cun pan bao de lacón con salsa barbacoa, e de Eloy Cancela e Kike Piñeiro, de A Horta do Obradoiro (Santiago de Compostela), que serviron uns fideos con peixe e algas atlánticas.


O mércores Damián París, de Decanta-t (A Coruña), presentou o seu xa mítico bocadillo de churrasco cun toque picante, mentres que Lydia del Olmo, de Ceibe (Ourense), trouxo unha ensaladilla con crocante de bacallau e pilpil de merluza.


O xoves Bego Vázquez, de Regueiro da Cova (Verín), conquistou co seu brioche recheo de tartar de tenreira ecolóxica e mermelada de pemento de Herbón, e Beatriz Sotelo, preparou uns bocadiños de pala asada con salsa de iogur, lombarda e repolo de Betanzos.

E o venres pechou semana Chisco Jiménez, de Culuca (A Coruña), cun prato de raíz e sabor: uns callos que quentaron o corpo e conquistaron á veciñanza.

Agora que o Castelo Conta 2025 chegou ao seu fin, só queda unha pregunta: onde podemos volver comer así de ben? A resposta é sinxela: nos restaurantes destes grandes cociñeiros, que manteñen vivo ese espírito creativo e gastronómico día tras día.

Todo isto (e seguro que moito máis) témolo nos seus locais:

Se algo nos deixan claro os Vermús na Taberna é que unha boa festa sempre é mellor cun prato diante.

A tradición zoqueira, presente no Castelo Conta da man de Eferro
Os colaboradores que fixeron posible a décima edición do Castelo Conta
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.