‘Castelo Arre ou Show’ é un espectáulo inédito composto de diferentes sketches interpretados por David Amor, David Perdomo, Federico Pérez, Isabel Garrido, Patricia Castrillón, Manuel Cortés, Tamar Novas e Xosé A. Touriñán.
O xoves, desfrutaremos a comedia dun xeito diferente
Nesta edición do Castelo Conta, estreamos un espectáculo único, Castelo Arre ou Show. Unha noite de comedia, cun formato diferente aos que estamos afeitos na Polideportiva. Transformaremos o escenario principal do festival no que poderiamos chamar unha sala de festas. O público estará distribuído en mesas nas que poder gozar do espectáculo mentres toma algo, ao xeito dos clubes de comedia ou das salas de variedades. Estas mesas están organizadas en dúas zonas en función da distancia ao escenario.
Sobre as táboas poderemos ver distintos números de comedia, interpretados por grandes actores e actrices como David Amor, David Perdomo, Federico Pérez, Isabel Garrido, Patricia Castrillón, Tamar Novas, Manuel Cortés e Xosé A. Touriñán. Os distintos sketches están preparados especialmente para este show único no que será unha estrea absoluta e irrepetible. En escena estarán acompañados pun unha banda, conducida por Cristian Leggiero, que porá a música en directo.
Castelo Arre ou Show é unha proposta de Manuel Cortés e Xosé A. Touriñán, quen contarán cun equipo de guionistas de primeiro nivel composto por Andrés Mahía, Xosé Castro e José Prieto. As últimas entradas para o espectáculo están á venda neste enlace. Non quedes sen sitio!
