Xornada sobre servizos ecosistémicos e novas oportunidades para o monte

A Asociación Forestal de Galicia organiza este venres 12 de decembro unha xornada formativa en Carral para dar a coñecer as potencialidades dos servizos ecosistémicos e a súa capacidade para diversificar usos e beneficios do monte.

O Monte Demostrativo de Castelo será o escenario dunha nova sesión formativa organizada pola Asociación Forestal de Galicia, centrada nesta ocasión nos servizos ecosistémicos e no papel que poden desempeñar na diversificación dos produtos e usos do monte galego. A actividade, titulada “Servizos ecosistémicos. Potencialidades e diversificación do monte”, terá lugar este venres, 12 de decembro, ás 17:30 horas, no Edificio Social Toñito Espiñeira, en Carral.

A xornada contará coa participación dos enxeñeiros de montes Xosé Covelo e Jorge Bouzas, quen abordarán cuestións fundamentais para entender o presente e o futuro dos montes como espazos que ofrecen moito máis ca madeira. O programa será o seguinte:

  • Servizos ecosistémicos: que son, potencialidades e diversificación dos produtos que ofrecen os montes. Relator: Xosé Covelo.

  • Metodoloxías de inventario e seguimento do uso recreativo dos montes. Relator: Jorge Bouzas.

  • Exemplos de servizos ecosistémicos certificados e oportunidades de financiamento. Relator: Xosé Covelo.

A actividade é totalmente gratuíta e forma parte do labor divulgativo e formativo arredor do Monte Demostrativo de Castelo, un espazo que nos últimos anos está a acoller propostas ambientais, culturais e sociais vinculadas ao territorio.

A organización anima a todas as persoas interesadas (comunidades de montes, propietarios forestais, persoas vinculadas ao sector ou veciñanza curiosa polo uso e futuro do monte) a asistir a esta sesión, pensada para ofrecer unha visión clara, práctica e actual das oportunidades que ofrecen os servizos ecosistémicos en Galicia.

‘Mulleres en Rede’: unha xornada de memoria e creación na Illa de Arousa
‘Mulleres de Castelo’ suma tres seleccións en festivais de cinema documental
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.