O Castelo Conta modelo de Cultura Rural Sustentable

Touriñán, promotor do Castelo Conta, foi convidado na xornada sobre Cultura Rural Sustentable organizada pola Fundación Paideia e a E.O.I.

Luis Pardo e Touriñán na xornada organizada pola Fundación Paideia e a Escola de Organización Industrial

Xosé A. Touriñán, director do Castelo Conta, foi convidado como relator na xornada sobre Cultura Rural Sustentable organizada pola Fundación Paideia e a Escola de Organización Industrial o pasado venres 30 de outubro. No convento do Carme da Coruña, o actor explicou a experiencia do festival, que este ano verán acadaba a súa VII edición e que foi posto coma “exemplo de emprendemento cultural sustentable”.

Touriñán estivo acompañado polo presentador Luís Pardo, xornalista de Radio Galicia – Cadena SER. Ao longo dunha hora falou do vivido en Castelo, da creación, da produción e do transcorrer dun festival sen ánimo de lucro único no país, no que a veciñanza é impulsora e parte esencial dun evento responsable e coidadosa co medio natural e social. Non se trata só dunha iniciativa que leva programación cultural ao rural, onde adoita ser menos accesible, senón que tamén crea unha forma de ocio alternativa, máis consciente e respectuosa sen seren imcompatibles os valores coa troula e a diversión.

O evento tivo por obxectivo establecer un espazo de diálogo entre persoas que custodian e crean cultura, así como amosar a sustentabilidade como clave para “abrir un futuro de oportunidades”. Touriñán foi o encargado de falar polo festival, de procurar levar as voces de todos e todas as que fan o Castelo Conta, dende a xente máis miúda á máis veterá.

 

 

 

 

Noticias relacionadas

X