Novos equipos para a recollida de contos

Os equipamentos para a captación de imaxe e son están financiados pola Deputación da Coruña.

A Asociación Cultural Castelo Conta vén de adquirir novos equipamentos para a captación, tratamento e almacenaxe de son e imaxe. Estes materiais permitirannos levar adiante os distintos proxectos relacionados coa conservación e difusión do patrimonio oral de Castelo que temos previstos para este ano. Por unha banda, as novas adquisicións facilitarán a recollida de historias e a realización de entrevistas ás informantes que nos achegan as historias que dan forma ao arquivo da memoria oral de Castelo. Por outra, permítennos levar adiante a versión radiofónica dos Contos de Castelo, na que compartimos en formato podcast as historias e anécdotas das nosas veciñas e veciños.

Todas estas accións enmárcanse dentro das liñas de traballo abertas na asociación, centradas na recuperación, conservación e difusión do tesouro oral de Castelo e as parroquias que circunvalan o Monte Xalo. As actividades previstas pola asociación requiren na súa maioría a capatación de imaxe e son, polo que estes novos aparellos melloran de xeito significativo a nosa capacide para a captación na maior calidade posible de aqueles testemuños acadados ao longo do ano nas diferentes recollidas.

Estes equipos foron aquiridos grazas ao apoio da Deputación da Coruña a través da súa convocatoria de subvencións para investimentos culturais.

O Castelo Conta modelo de Cultura Rural Sustentable
O Castelo Conta bota a andar a súa VIII edición
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.