Coidando do Monte Xalo coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

A Asociación Galega da Castaña e dos Soutos encargouse da poda dos castaños do escenario do Monte Xalo, unha acción clave para o festival e para a protección do monte.

O Castelo Conta 2025 desenvolveuse en distintos recunchos da parroquia que, grazas ás achegas de veciños, colaboradores e organizacións, remataron por transformarse en espazos cheos de vida. Esta décima edición arrincou no Monte Xalo, un espazo de especial importancia para a comunidade de veciños.

Un dos traballos que fixo posible a inauguración do festival no alto do monte, foi o da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, que se encargou da poda dos castaños do escenario do Xalo, permitíndonos gozar dun espazo único e espectacular. Esta acción, ademais de garantir un lugar seguro e coidado, puxo en valor o compromiso compartido polo Castelo Conta, a Comunidade de Montes e a Asociación: a protección do monte e o respecto pola natureza.

A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos leva máis de dez anos adicándose á defensa e rehabilitación dos soutos de castiñeiros, a promoción de novas plantacións, a investigación e a formación en castañicultura. Tamén impulsa o consumo da castaña galega, resaltando o seu valor nutricional, e desenvolve recursos formativos para o seu cultivo, en colaboración con expertos nacionais e internacionais.

A súa labor nesta edición foi dobremente valiosa: fixo posible que o Monte Xalo se convertese nun dos epicentros do festival e, ao mesmo tempo, reforzou a importancia de coidar o territorio que o acolle. Todo isto forma parte do que sostén o Castelo Conta: a forza da veciñanza e o apoio de persoas e entidades que cren no rural, na natureza e na xente que o habita.

Fixémolo: pechamos a décima edición do Castelo Conta
Avanza o proxecto de cooperación ‘Mulleres que contan’ en Baroña, Manzaneda, Triacastela e Paradela
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.