‘Espazos que contan en Castelo’: o 9 de maio participamos en Vedra no festival MARCO

A primeira edición da Mostra de Arquitectura Rural celebrarase entre o 9 e o 11 de maio para poñer en valor a relación entre arquitectura, arte e comunidade. Está organizado por ELO arquitectura e o Concello de Vedra, e patrocinado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Co obxectivo de poñer en valor o rural e de achegar a arquitectura á xente do 9 ao 11 de maio celébrase en Vedra a primeira edición do MARCO, unha mostra de arquitectura rural na que o Castelo Conta participará como parte da programación.

O festival acollerá ao longo de toda a fin de semana decenas de actividades participativas como exposicións, obradoiros ou actuacións, apostando pola interxeracionalidade e convidando á reflexión sobre as conexións entre arquitectura, arte e comunidade.

O 9 de maio ás 20.00 horas terá lugar a converas Espazos que contan en Castelo, na que responsables do Castelo Conta e veciñas e veciños de Castelo contarán a experiencia do noso festival en canto ao emprego dos espazos na aldea para a realización de diferentes actividades. A entrada é libre, e a actividade terá lugar no Campo da Festa de Sarandón (Vedra).

Noticias relacionadas

X