O local social de Castelo, en Folgueira, será este xoves un interesante lugar de encontro para persoas e colectivos interesados nunhas interesante ferramenta para unha boa xestión do monte. A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso sobre a constitución de agrupacións forestais de xestion conxunta, unha fórmula de organización da que poden participar asociacións de propietarios, sociedades ou cooperativas interesadas en traballar de forma coordinada e sostible na xestión de superficies agroforestais co fin de explotalas e poñelas en valor, evitando o seu abandono.
Este curso -xoves 15 de maio, 19.00, acceso libre- organízase en Castelo grazas ao traballo que a Comunidade de Montes Veciñais da nosa parroquia leva varios anos realizando para a revalorización e o coidado do Monte Xalo, a través de diferentes accións e actividades, moitas delas xunto coa Asociación Forestal de Galicia.